Publicador de contidos
Publicador de contidos

O regreso goleador de Manu Barreiro non abonda para o Compostela (1-2)

O regreso goleador de Manu Barreiro non abonda para o Compostela (1-2)

Despois de tres vitorias seguidas volveu a peor versión do cadro santiagués diante do Escobedo

G24.gal 06/10/2024 18:33

Chegaba coa moral alta o Compostela despois dun inicio de campionato decepcionante. As tres vitorias seguidas como visitante -dúas na Copa Federación e unha no campionato ligueiro- parecía que reconducían a situación pero diante do Escobedo volveron ás andadas. 

Non abondou nin co regreso goleador de Manu Barreiro, recuperado da lesión e que xogou os últimos vinte minutos. O equipo cántabro decantara o partido no primeiro tempo cos goles de Edu Fontán á saída dun córner e de Saza. 

Na segunda parte o Compostela tirou de corazón pero non tivo as ideas claras. Atopouse cun rival moi ben colocado e apenas gozou de ocasións. Só Barreiro, e no tempo engadido, atinou cun gran remate de cabeza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos