Publicador de contidos
Publicador de contidos

A gasolina volve subir e o gasóleo baixa lixeiramente

A gasolina volve subir e o gasóleo baixa lixeiramente

Dende que comezou 2024 a gasolina encareceu un 5 % e o diésel encareceu máis dun 3 %

G24.gal 14/03/2024 14:29

Na última semana a gasolina estivo de media a 1,61 céntimos o litro. E suma xa dous meses subindo. En cambio, o diésel baixou de prezo. Está algo por riba dun euro e medio por litro.  

Estes datos son os da última semana que recolle o boletín petroleiro da Unión Europea pero se botamos a vista atrás confirmamos que, dende que comezou este ano, o diésel encareceu máis dun 3 %  e a gasolina un 5 %. 

Achegarse a un surtidor de combustible continúa a ser unha acción dolorosa para os consumidores.  Pero necesaria se queremos desprazarnos en vehículo particular. 

De media, encher un depósito de gasolina sáenos case por 89 euros. A gasolina leva oito semanas seguidas subindo de prezo.

O litro de gasóleo segue sendo máis barato que a gasolina e hoxe baixou un 0,6 %. Eliminada a bonificación de 20 céntimos, os últimos meses do 2023 supuxeron un respiro, pequeno, para os condutores en canto aos prezos dos carburantes. Pero estes volveron subir de prezo co arranque do novo ano. 

E a tendencia é que continúe así. O barril de brent para entregar en maio pechou onte no mercado de futuros de Londres cunha suba de máis do dous e medio por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar