Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novo recital do Cangas no Gatañal

Novo recital do Cangas no Gatañal

Gañou por 33-25 ao Sinfín cimentado nun parcial de 6-0 mediado o segundo tempo

G24.gal 28/11/2021 20:23

O Frigorificos do Morrazo continúa coa marcha triunfal na Liga Asobal e gañou por 33-25 ao Sinfín. Un partido que foi igualado ata mediado o segundo tempo cando o Cangas fixo un parcial de 6-0. Pasouse dun 23-22 ao 29-22 que deixou o partido visto para sentenza. 

Moisés Simes, con 7 goles, e David Iglesias (6) foron os xogadores máis atinados cara a porta contraria dun equipo que suma 14 puntos e xa marcha na quinta posición. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade