O Canadá aumenta as evacuacións polo graves incendios
O Canadá aumenta as evacuacións polo graves incendios
Algúns agardan a seren evacuados por vía aérea das súas cidades
O Canadá ordenou a evacuación de miles de persoas ao oeste do país polo rápido avance dun dos máis de 1.000 incendios que afectan todo o territorio.
Miles de habitantes de Kelowna e West Kelowna, na provincia de Columbia Británica, tiveron que marchar das casas, xa que o incendio dobrou o seu tamaño en 24 horas.
Nos Territorios do Noroeste, miles de persoas agardan seren evacuados da cidade de Yellowknife por vía aérea. Varios avións militares xa están evacuando a pacientes dos hospitais da cidade.
O Canadá sofre a peor tempada de incendios forestais da súa historia. Este venres enfróntase a 1.052 lumes que afectan ás 10 provincias e tres territorios do país.
Este ano as lapas forzaron a evacuación de 200.000 persoas e consumiron 139.000 quilómetros cadrados de bosque, unha superficie similar a países como Grecia ou Bangladesh.