Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novos incidentes ás portas do Congreso arxentino tras a votación da 'lei ómnibus'

Novos incidentes ás portas do Congreso arxentino tras a votación da 'lei ómnibus'

A Policía usou gas pementa, balas de goma e camións hidrantes

O vindeiro martes vaise debater a norma artigo por artigo

G24.gal 03/02/2024 14:21

Case unha hora e media despois da aprobación do texto xeral da coñecida como 'lei ómnibus' no Congreso arxentino, rexistráronse incidentes entre as forzas de seguridade e a xente que se manifestaba contra as políticas de axuste de Javier Milei ás portas da cámara.

Como xa ocorrera o mércores e o xoves durante o debate da lei Bases e Puntos de Partida para a Liberdade dos Arxentinos, os axentes actuaron con dureza cando se tentou pasar o límite establecido polo protocolo "antipiquetes" do Ministerio de Seguridade.

A policía usou gas pementa, balas de goma e camións hidrantes, mentres algunhas persoas que protestaban lanzaban paus e botellas. Tamén prenderon lume a un contedor de lixo e a un colchón na rúa. Polo momento, detiveron sete persoas.

A acción policial foi amplamente criticada pola esquerda, polo peronismo e por organismos independentes como a Defensoría do Pobo da Cidade de Bos Aires, que pediu que se investigue a posible comisión de delitos por parte das forzas de seguridade intervenientes.

O proxecto, que se vai debater artigo por artigo o vindeiro martes, foi aprobada con 144 votos a favor e 109 en contra. Para sacalo adiante, o Goberno tivo que renunciar a varios puntos, entre eles o fiscal.

Tamén reaxustou o plan de privatización de empresas e reduciu de once a seis as condicións para declarar unha situación de emerxencia pública, eliminando a de defensa e a sanitaria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade