Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detida unha banda por extorsión a usuarios de servizos sexuais publicados en webs

Detida unha banda por extorsión a usuarios de servizos sexuais publicados en webs

A banda conseguiu un lucro superior a 123.000 euros por 54 delitos en toda España, segundo informa a Policia Nacional

G24.gal 01/12/2024 12:29

Detidas 18 persoas integrantes dunha banda criminal radicada en Valencia por extorsión de consumidores de servizos de prostitución publicados en diferentes páxinas web. A banda conseguiu un lucro superior a 123.000 euros por 54 delitos en toda España, segundo informa a Policia Nacional

A investigación finalizou, tras máis dun ano de traballos do grupo de Ciberdelincuencia da Xefatura Superior de Policía da Comunitat Valenciana, coa desarticulación do grupo de delincuentes, que estaba formado por persoas que se facían pasar por unha suposta mafia albanesa dedicada a trata de seres humanos e explotación sexual.

Segundo informa a Policía, os detidos, supostos autores dos delitos de pertenza a grupo criminal, extorsión e estafa, teñen entre 24 e 40 anos, e son de orixe brasileira, colombiana, cubana, española e venezolana.

O modo de operar da banda era contactando con usuarios de páxinas web de anuncios eróticos para esixirlles unha cantidade económica, despois de que os usuarios contactaran telefonicamente coas mulleres, ás que fixeran perder o tempo tras falar con elas e finalmente non concertar unha cita, baixo ameaza de causarlles problemas. As vítimas accedían a pagar o diñeiro esixido co fin de evitar que os seus achegados soubesen que contactaran con prostitutas.

No marco da operación investigáronse 44 contas bancarias e comprobouse como os detidos usaban ata 37 teléfonos diferentes para contactar coas vítimas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade