O 21 de xaneiro celébrase o Día Internacional do Abrazo
Un xesto de cariño que mesmo ten beneficios para a saúde
Hai abrazos que son símbolos como o que pintou o artista Juan Genovés en 1976. Tamén hai apertas espirituais e que marcan etapas, e non faltan os do día a día, de carne e óso.
No Día Internacional do Abrazo moitos confesan que lles gusta dar apertas e outros, máis selectivos, din que depende de a quen.
Hai abrazos miúdos, cargados de inocencia, que collen impulso, apertas de amizade que reconfortan e dan apoio e tamén abrazos de celebración e alegría. Un xesto que os expertos din que ten un impacto positivo na saúde.
"Vén moi ben a todos, especialmente nestes tempos en que andamos ás présas. Hai que parar a pensar e que non se nos esqueza dar abrazos porque cuns segundos pódeche dar un chute de enerxía para o día enteiro".
Hai coas apertas moitas emocións encontradas pero adoitan espertar sorrisos.