O 5 Coruña Fútbol Sala celebra esta tarde un torneo solidiario
O 5 Coruña Fútbol Sala celebra esta tarde un torneo solidiario
Participan famosos presentadores e reporteiros do Malicia Noticias, da TVG
A cidade da Coruña vive esta tarde unha xornada solidaria de deporte, coa participación do equipo Genuine do Deportivo, unha selección de reporteiros e presentadores do Malicia Noticias, da TVG, e o equipo anfitrión feminino do 5 Coruña Fútbol Sala. Mesmo estaba convidado o animador do Galicia en Goles, David Noya, para xogar de porteiro, pero a súa presenza é imposible ao ter que estar diante do micrófono como todos os domingos da temporada.
Xoán Galán falou co organizador Sergio Blanco e co padriño da competición, o presentador Pepe Capelán. Esta noite, a partir das oito, os oíntes do Galicia en Goles terán toda a información do evento, coas entrevistas aos principais protagonistas, no micrófono de Fernando Romero de Paz.