Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 50 % da poboación galega sufriu un incidente de ciberseguridade no último ano

O 50 % da poboación galega sufriu un incidente de ciberseguridade no último ano

Canto máis alto é o nivel de estudos, máis risco hai de sufrir un incidente de ciberseguridade

G24.gal 16/03/2024 10:49 Última actualización 16/03/2024 11:01

Un 53,3 % da poboación galega asegura que sufriu "algún incidente de ciberseguridade" no último ano, a maioría relacionados con correos lixo ou non desexados (spam), o 92,8 %, e máis dun cuarto (26,2 %) con intentos de estafa.

Así se desprende dos datos publicados polo Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA) no seu informe anual "O estado da ciberseguridade en Galicia".

O estudo do OSIMGA, dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), baséase en datos procedentes do Instituto Galego de Estatística (IGE), do Instituto Nacional de Estatística (INE) e do propio Observatorio, segundo indica a Xunta nunha nota.

De acordo con esta información, canto máis alto é o nivel de estudos, máis risco hai de sufrir un incidente de ciberseguridade. Estas persoas tamén son as que usan de xeito máis frecuente e avanzado os servizos e produtos da Internet.

Diferenza entre cidades

Por cidades, existen grandes diferenzas. A poboación residente en Pontevedra é a que ten unha probabilidade máis alta, un 75 %, mentres a de Ferrol non chega á metade, o 42 %.

Este estudo revela que máis do 70 % das persoas consultadas asegura ter coñecementos sobre a información que se comparte na Internet e un 42 % denega permisos para usar datos con fins publicitarios.

Ademais, un 5 % das empresas de menos de 10 persoas empregadas tivo "algún ciberincidente" e a porcentaxe elévase ao 16 % no caso das empresas de maior tamaño.

Segundo os datos publicados este sábado, case un cuarto das empresas TIC de Galicia ofrecen servizos ou produtos para a seguridade da información, o que representa o 34,5 % da súa facturación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade