Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 70 % do estudantado poderá beneficiarse das axudas para libros e material escolar

O 70 % do estudantado poderá beneficiarse das axudas para libros e material escolar

O director xeral de Centros da Consellería de Educación lembra que o prazo para solicitalas remata o 21 de xuño

G24.gal 25/05/2024 10:36 Última actualización 25/05/2024 11:26

A Consellería de Educación estima que o 70 por cento do estudantado do Ensino Obrigatorio poderá beneficiarse das axudas para a compra de libros e de material escolar. O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, así o cifraba nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega ao se lle preguntar por estas achegas cuxo prazo de solicitude está aberto ata o 21 de xuño. Segundo explicou Álvarez, o volume de solicitudes recibido ata o de agora é similar a anos anteriores. Prevén que a maior parte chegarán cara ao 21 de xuño, último día para poder pedilas. 

"Estamos nun índice de solicitudes similar ao do resto dos anos".

En canto ás convocatorias de axudas, para adquirir libros de texto será para estudantes de 1º e 2º de Primaria e en Educación Especia. Para material escolar en todos os cursos de primaria, ESO e Educación Especial. Os alumnos dos centros e cursos que empreguen E-Dixgal, a iniciativa do libro dixital da Xunta, estarán excluídos do fondo solidario e dos vales para comprar libros, pero poderán optar aos de material.

O vale de material escolar é de 75 euros para as familias con maiores necesidades. Poden percibir esta axuda aqueles solicitantes cunha renda per cápita menor de 6000 euros. Mentres que, "as familias que se sitúen entre os 6.001 euros e os 10.000 euros de renda per cápita, poden recibir 60 euros por alumno", apuntaba Álvarez. 

Para os libros, as axudas están destinadas principalmente "para os cativos de primeiro e segundo de primaria que usan libros non reutilizables", sinalaba  Jesús Álvarez. Unha achega á que tamén teñen acceso os rapaces con necesidades educativas especiais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar