O 80 % dos donos de casas afectadas polos incendios terán cobrada a axuda esta semana
O 80 % dos donos de casas afectadas polos incendios terán cobrada a axuda esta semana
A Xunta aprobara seis millóns de euros para reparar as casas. As axudas son de 122.000 euros para vivenda habitual e 61.000 para vivenda ocasional
As casas de Celia e Albino, na aldea de Candeda, foron das primeiras que arderon nos incendios de xullo nas provincias de Ourense e Lugo.
E son tamén as primeiras en ser reconstruídas. Para a lousa do tellado terán un desconto do 40 % no material grazas ao convenio que asinou este martes o presidente da Xunta co clúster da lousa.
Alfonso Rueda dixo que o seu Goberno traballou dende o primeiro momento con axilidade para axudar os veciños que perderon a súa vivenda.
A Xunta aprobara seis millóns de euros para reparar as casas. As axudas son de 122.000 euros para vivenda habitual e 61.000 para vivenda ocasional, ademais de 15.000 euros para enxoval doméstico.