O abrazo de Milei e o papa Francisco na canonización da primeira santa arxentina
O abrazo de Milei e o papa Francisco na canonización da primeira santa arxentina
O encontro prodúcese despois das críticas do presidente arxentino ao pontífice durante a campaña
Milei amosou o seu interese en que o papa Francisco visite a súa terra natal
O presidente arxentino, Javier Milei, acudiu este domingo á canonización da primeira santa arxentina, Mama Antula, na basílica de San Pedro do Vaticano. Ao remate da misa Milei e o papa Francisco fundíronse nunha aperta e conversaron brevemente.
O encontro prodúcese despois de que o presidente arxentino arremetese contra o pontífice durante a campaña electoral onde o alcumou como "representante do maligno na Terra". Despois de amosarse arrepentido recoñeceu o papa Francisco como o arxentino máis importante da historia e amosou o seu interese para que poida visitar o seu país natal.
Pola súa parte, o pontífice aproveitou a homilía da canonización de Mama Antula para recordar a pasaxe na que Xesús curou un leproso, representación dos marxinados modernos.
Este luns os dous terán unha xuntanza a porta pechada.