Publicador de contidos
Publicador de contidos

O absentismo, un problema nacional, por Venancio Salcines

OPINIÓN

O absentismo, un problema nacional, por Venancio Salcines

G24.gal 08/01/2025 08:04

O absentismo é un problema en España, xa que un 7 % dos traballadores non acoden o seu posto de traballo. No caso do País Vasco é preto dun 10 %, e no caso de Navarra un 9 %. Se facemos a análise por incapacidade temporal, IT, as cifras apenas melloran. Aquí é bo recordar que en 2013 eran o 2 % dos ocupados, hoxe é practicamente o 6 % (5,8 %), tres veces máis que hai once anos. Se a comparación é fronte ao 2019, o incremento é do 60 %.

A boa noticia é que a nosas baixas non son por sinistralidade, porque baixou un 3 % fronte ao ano anterior, tampouco é por enfermidades profesionais, que baixaron preto dun 6 %. As Incapacidades Temporais crecen por outras razóns, enfermamos máis, ou iso é o que nos din. A cuestión é que cada día preto de 1,2 millóns de persoas non van traballar. É máis, en España o absentismo é do dobre que na Unión Europea. Polo tanto, como en lexislación laboral sempre imos detrás da Unión Europea, é deducible que en España o que temos é un marco que permite o crecemento das baixas fraudulentas. O certo é que todas esas baixas supoñían hai seis anos un custo de trece mil millóns e agora é de vinte e cinco mil millóns, a metade asumímola todos cos nosos impostos e a outra metade asúmena os empresarios. E non esquecemos que soamente o 0,2 % das empresas son grandes e que o 95 % das mesmas teñen menos de dez empregados. Unha factura demasiado grande para un tecido empresarial demasiado feble.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos