Un goberno, dúas estratexias políticas, por Venancio Salcines
OPINIÓN
Un goberno, dúas estratexias políticas, por Venancio Salcines
O marco laboral español, recollido na Constitución, artigo 37.1, descansa na negociación colectiva. Asume que o tecido empresarial é diverso e que as normas deben estar axeitadas ás características sectoriais e territoriais e, polo tanto, deben ser os axentes os que negocien atendendo ás particularidades específicas.
Neste marco, a paz social e os avances laborais non teñen protagonistas, constrúenos os milleiros de persoas nun proceso continuo de negociación. Pero a Ministra de Traballo, cuestionada nas urnas e polos propios compañeiros, require de medidas políticas que poida capitalizar.
Obviamente, abandonou as políticas de consenso, porque agora mesmo só necesita fidelizar os seus, descarta ampliar o seu espectro electoral. O Ministro Cuerpo nin está cuestionado nin require de titulares de prensa, e, lóxicamente, busca políticas factibles e con apoio parlamentario. Son dúas estratexias distintas, unha necesita titulares e liderado e outra require de accións de goberno factibles, sostibles e que non provoquen desgastes artificiais.