Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Aceites Abril, primeiro líder do Trofeo Conde de Gondomar

O Aceites Abril, primeiro líder do Trofeo Conde de Gondomar

O barco dos Pérez Canal chegou primeiro ao Carrumeiro Chico

G24.gal 23/07/2023 16:31

En augas de Baiona comezou unha nova edición do Trofeo Conde de Gondomar. Como é tradición, fíxoo coa subida e volta ao Carrumeiro Chico, que rematou de madrugada.

Ao faro chegou de primeiro o Aceites Abril dos irmáns Pérez Canal, ás 7 e cuarto, seguido polo Magical de Julio Rodríguez. Na volta tamén se impuxo o Aceites Abril, que chegaba ao Monte Real pouco antes da media noite.

Tamén se disputou na primeira xornada do Trofeo un percorrido costeiro arredor das Cíes do que saíron vencedores o Ojo Piojo en ORC 0-3, o Nahela en ORC 4-5, o Alboroto en J80 e o Bouvento nos Fígaros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos