O adeus ó baloncesto de Alberto Corbacho
O adeus ó baloncesto de Alberto Corbacho
O balear retírase das canchas tras dezaoito anos como profesional
Boa parte da súa carreira realizouna en terras galegas: sete temporadas no Obradoiro e dúas no Breogán
O club santiagués xa anunciou que haberá homenaxe para o histórico 33 obradoirista
Alberto Corbacho xogou onte Ao contraataque tras anunciar a súa retirada do baloncesto profesional. O balear di adeus despois de dezanove anos na elite, onde defendeu as cores de dous equipos galegos: o Breogán, dúas campañas, e o Obradoiro, onde estivo sete temporadas en dúas épocas diferentes:
"Débolle moito a Galicia. Foron nove anos, a metade da miña carreira deportiva. Anos inesquecibles. Agradezo a todo o mundo o cariño que me amosaron. Ademais, ser nove veces campión de Galicia non o pode dicir todo o mundo".
O club santiagués xa anunciaba onte que haberá homenaxe para o xa histórico ala obradoirista:
"Obradoiro é o equipo en que estiven máis tempo, onde máis evolucionei e onde estiven os meus mellores anos. É a miña segunda casa. Xa se puxeron en contacto comigo. Moi agradecido pola invitación para a homenaxe. É un orgullo e será un pracer estar alí".