Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro logra a primeira vitoria da súa historia na 1.ª RFEF

O Arenteiro logra a primeira vitoria da súa historia na 1.ª RFEF

Pibe quedará na historia do equipo polos seus dous primeiros goles na categoría

Manín redondeou o 3-0 contra a S. D. Logroñés

G24.gal 03/09/2023 22:05

O Arenteiro xa suma na Primeira Federación. Logo dunha desafortunada estrea en Tarragona, o equipo ourensán empezou no Espiñedo como adoita: con vitoria.

Pibe foi o heroe dos do Carballiño, con dous goles na primeira metade que serviron para abrir a conta do club na categoría. Ademais, serviron para asegurar a primeira vitoria e os primeiros tres puntos.

Porque, co 2-0, o resultado non se moveu na segunda metade malia os intentos da S. D. Logroñés, á que mesmo se lle anulou un tanto.

E, para redondear a festa, a piques de chegar ao minuto 90, Manín Gonzaga conseguía o 3-0 definitivo. Unha goleada coa que os de Javi Rey amosaron que non chegan de paseo á Primeira RFEF.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar