O Arenteiro aséstalle un pau ao Barça Atlètic no seu campo (1-1)
O Arenteiro aséstalle un pau ao Barça Atlètic no seu campo (1-1)
Manín Gonzaga marcou o gol do empate e deixa o filial do equipo catalán a tres puntos do Deportivo
En Barcelona, o partido comezou cun pau para o Arenteiro porque aos 11 minutos perdeu o porteiro Diego García. Máis se de paus falamos, nada mellor que este encontro. Porque a seguir o Arenteiro conseguiu o gol nun córner que cabeceou Alexis Olmedo, central de 16 anos.
Pero nesa narrativa de paus a cousa colleu forma e aí estampou a súa cabezada Bernal, no pau. E logo chegou Moha e alá foi outra contra o pau. E houbo un terceiro seguido desta volta de Percan. O pau freou o Barça e parou tamén a reacción de Arenteiro cando contra el petou Jordan.
Parouno de xeito momentáneo porque rápido arranxou o polbo mecánico, nun córner de Pibe que rematou por dúas veces Manín González. Con determinación. Manín entrara nesta segunda parte. 1-1 con media hora por diante en que os culés foron arriba e tiveron opcións, pero outravolta aí estaba o pao. Con Pau Víctor. Así acabou o choque, con empate.