O Arenteiro celebra a entrega do título cunha goleada sobre o Guijuelo
O Arenteiro celebra a entrega do título cunha goleada sobre o Guijuelo
O campión goleou o Guijuelo con varios goles moi fermosos
O derrota do Guijuelo beneficia ao Compostela na loita polo ascenso
O último partido no Espiñedo dunha temporada histórica para o Arenteiro comezou con festa, coa entrega do trofeo que o acredita como campión do Grupo I da Segunda RFEF en presenza de todos os membros do club do Carballiño. Despois, sobre o campo, o equipo si foi quen de rendir ao seu maior nivel, facendo un partido moi completo diante doutro candidato ao ascenso como o Guijuelo.
Os goles foron golazos, especialmente os tres primeiros. Pibe abría a conta cun lanzamento de falta espectacular. Despois, un gran movemento na área de Rafa Mella habilitábao para facer o segundo. E Escobar, xa na segunda metade, marcaba o 3-0 logo dunha gran zogada colectiva.
O Guijuelo, que durante moitas fases da temporada loitou co Arenteiro polo título, intentou meterse no partido para manter as opcións de clasificación para o play off, xa que aínda non o ten asegurado. Álvaro Coque anotaba o 3-1 aos vinte minutos. Pero non houbo opción para a sorpresa. Markitos anotaba o 4-1, e Manín completaba a festa no Espiñedo co 5-1 definitivo a cinco minutos para o remate. O campión xa ten o seu trofeo, e unha goleada máis nunha temporada para a lembranza.