Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro celebra o título cunha nova vitoria no Anxo Carro

O Arenteiro celebra o título cunha nova vitoria no Anxo Carro

Markitos e Escobar asinaron a vitoria nunha temporada para a lembranza

O Polvorín non puido despedirse da Segunda RFEF cun triunfo

G24.gal 13/05/2023 19:33

O Arenteiro despediu a temporada cun novo corredor, o que lle fixeron os xogadores do Polvorín antes do derbi do Anxo Carro, e cun novo triunfo, o que lle deron os goles case consecutivos de Markitos e Escobar na segunda metade. De nada serviu a insistencia do equipo de Trashorras, que buscou o gol sen descanso, pero non o atopou.

O Arenteiro limitouse a agardar as súas oportunidade, e estas acabaron chegando. Primeiro cun remate de Romay que marchou preto do traveseiro no treito final da primeira metade. E despois con varias accións no inicio da segunda metade. 

Mellorou o Polvorín cos cambios, pero cando mellor estaba sobre o campo chegaron os goles. Primeiro Markitos e despois Escobar sentenciaron o encontro, acadando un novo triunfo do campión, que o ano que ven xogará na 1ª RFEF. O Polvorín tamén se despide da categoría, para volver á terceira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos