Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro derrota o Burgos Promesas (2-1) e é virtual equipo de 1ª RFEF

O Arenteiro derrota o Burgos Promesas (2-1) e é virtual equipo de 1ª RFEF

Manín adiantou aos de Javi Rey, e Germán volveu decidir no treito final

O ascenso será matemático se na xornada dominical non gañan nin o Guijuelo nin o Avilés

G24.gal 08/04/2023 19:17

O Arenteiro deu un paso máis nunha temporada que vai quedar na historia. Os do Carballiño teñen a opción de asegurar o ascenso directo nesta xornada, pero ten que agardar polos resultados dos seus rivais. Iso si, cumpriu coa súa parte. Derrotou no Espiñedo un combativo Burgos Promesas, que tivo as súas opcións pero acabou sucumbindo coas armas nas que basea o seu xogo o Arenteiro.

Adiantouse na primeira metade o equipo galego. Foi nunha acción con centro desde a dereita que rematou á rede Manín

O Arenteiro tivo varias opcións a balón parado, pero foi recibir o gol do empate tamén nun córner, cando rematou desde a frontal da área Antonio Molina.

Pero foi entón cando o conxunto de Javi Rey amosou a súa solidez. E, como acontecera a semana pasada, apareceu Ger para anotar nos minutos finais, logo doutra condución eléctrica de Joseca pola esquerda.

Co 2-1 aínda tocou sufrir. Diego parou un man a man ao bordo do tempo engadido e, xusto a seguir, unha falta estrelouse no seu traveseiro. Na última acción do partido, o balón paseouse sen atopar rematador. Pero o marcador xa non se moveu. A vitoria asegura unha vantaxe case definitiva no liderado. O Arenteiro podería ser mañá domingo equipo de Primeira Federación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar