O Arenteiro está a un partido de xogar a Copa do Rei
O Arenteiro está a un partido de xogar a Copa do Rei
Eliminou o Zamora na Copa Federación (2-1) e terá que xogar co Panadería Pulido canario a presenza copeira
O Arenteiro está a un partido de xogar a vindeira edición da Copa do Rei. Derrotou o Zamora (2-1) na Copa Federación e agora quédalle superar unha eliminatoria ante o Panadería Pulido canario para poder revivir o acontecido a temporada pasada diante do Valencia.
O encontro do Zamora foi moi parello. Avisou o equipo visitante, ao que lle anularon un gol no 19, pero foi o local Manín Gonzaga o que marcou o primeiro do partido. Antes do descanso empataron os de Yago Iglesias grazas a un remate de Pana.
No 63 de partido chegou o gol do lateral Germán Novoa, que decidiu a eliminatoria. O Zamora levou o dominio pero sen xerar ocasións, unhas oportunidades que si tivo o Arenteiro para aumentar a vantaxe.
Éxito dos do Carballiño, que están a realizar un grande esforzo con partido mércores - domingo e a un só paso de ter o premio.