O Arenteiro perde fóra da casa xusto un ano despois
O Arenteiro perde fóra da casa xusto un ano despois
O día en que se facía un ano da última derrota lonxe do Espiñedo, o campión caeu en Zamora
Carlos López, ex-xogador do Bergantiños, anotou o tanto do triunfo
O Arenteiro volveu perder lonxe do Espiñedo. Fixérao por última vez o 30 de abril de 2022 en Adarve. E volveuno facer o 30 de abril de 2023 en Zamora. A relaxación propia do campión da categoría, que saíu ao campo polo medio dun novo corredor, puido ser determinante.
Foi un partido con poucas ocasións claras de gol. Pero o Zamora tirou proveito dunha das primeiras das que dispuxo. Carlos López, o ex-xogador do Bergantiños, anotou o que sería o único gol do encontro.
O Arenteiro buscou o empate, pero non conseguiu inquedar a un rival que se mantén na loita por entrar no play off de ascenso. Unha pelexa na que tamén está o Compostela.