Cargando resultados...
Empate para pechar unha campaña histórica do Arenteiro
Gran segunda volta do equipo do Carballiño, que logrou a permanencia de xeito desafogado
G24.gal
15/05/2022 16:32
A xornada dos galegos pechouna o empate do Arenteiro en Avilés. Adiantáronse os asturianos no 43, gol de Sergio García e no engadido empatou Sobrido. O Arenteiro pecha a temporada no décimo posto e seguirá a vindeira campaña na segunda federación.
A primeira volta acabouna con 17 puntos e estaba en postos de descenso. Gran reacción na segunda parte do campionato na que o Arenteiro foi o cuarto mellor equipo da liga e logrou unha permanencia desafogada a unha xornada do final.