O Guardés e o Porriño non traen nada positivo dos seus desprazamentos
O Guardés e o Porriño non traen nada positivo dos seus desprazamentos
O Porriño entrou un abaixo nos últimos cinco minutos, pero caeu diante do Bera Bera (22-20)
Derrota do Mecalia na pista do Aula Valladolid por 31-29
O Mecalia Atlético Guardés apañou unha derrota na súa visita a Valladolid, nun partido en que as galegas mantiveron as opcións ata o final, pero en que un maior acerto das locais mediada a segunda metade acabou sentenciando.
O Guardés gozou de vantaxes no marcador ata o minuto nove da continuación, cando un gol de Ania Ramos establecía o 18-19. Chegaron entón os mellores momentos das locais que, cun parcial de 10-4, colocaban a máxima renda no marcador (28-23), aos 18'.
O Guardés reaccionou nos minutos finais, e recortou a desvantaxe ata ese 31-29 final. Pero foi unha reacción insuficiente, e os puntos quedaron en Valladolid. Cecilia Cacheda encabezou o apartado goleador do equipo galego con 5 goles. No bando local, Elba Álvarez meteu 6.
O Porriño tiña un partido de máxima dificultade na pista do Bera Bera. Foi por debaixo do marcador durante todo o partido (10-7 ao descanso) e as locais semellaban ter o encontro dominado a dez minutos do final cun 18-13.
Chegou entón unha gran reacción das porriñesas que cun parcial de 1-5 se puxeron a un só gol (19-18) con cinco minutos por diante. A exlusión de Maider Barros e o acerto de Maitane Echeverría con dous tantos seguidos deixou o triunfo en Euskadi.