Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Atlético vinga a derrota da Supercopa e elimina o Real Madrid

O Atlético vinga a derrota da Supercopa e elimina o Real Madrid

Triunfo por 4-2 logo dunha prórroga en que marcaron Griezmann e Riquelme

O Barcelona pasou apuros pero derrotou o Unionistas (1-3)

G24.gal 19/01/2024 07:23

O Real Madrid non defenderá o seu título de Copa ao quedar eliminado nos oitavos de final ante un Atlético de Madrid que vingou a derrota de hai uns días na Supercopa. Os dous rivais madrileños xogaron outro partido espectacular decidido na prórroga. 

O primeiro tempo rematou con empate a un despois dos goles de Lino e Oblak en propia porta. Volveu adiantarse o Atlético cun tanto de Morata e estivo moi preto da clasificación, pero Joselu levou o encontro ao tempo suplementario. Aí apareceu Griezmann para poñer o 3-2 e Riquelme sentenciou na última xogada do partido. 

O Barcelona tamén avanzou ao derrotar con sufrimento o Unionistas, único equipo supervivente da Primeira Federación. Álvaro Gómez marcou un golazo para adiantar o cadro castelán. O empate de Ferran Torres, xusto antes do descanso, deulle tranquilidade a un Barcelona necesitado de triunfos. 

No segundo tempo marcaron Koundé e Balde nun abrir e pechar de ollos e remataron co soño copeiro do Unionistas. 

Daquela, estarán no sorteo de cuartos de final o Celta, o Sevilla, o Athletic, o Xirona, o Mallorca, a Real Sociedade, o Atlético de Madrid e o Barcelona. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade