Publicador de contidos
Publicador de contidos

O balonmán masculino ten pé e medio nos Xogos de París

O balonmán masculino ten pé e medio nos Xogos de París

Vitoria contundente diante de Eslovenia (32-22) e só unha hecatombe contra O Brasil deixaría fóra das olimpíadas o equipo de Rodrigo Corrales 

G24.gal 15/03/2024 22:21

A selección española de balonmán masculino deixou case pechada a súa clasificación para os Xogos Olímpicos de París. O triunfo diante de Eslovenia (32-22) deixa o cadro de Jordi Rivera con catro puntos, líder do grupo e unha diferenza de goles favorable que fai case imposible que non ocupe unha das dúas primeiras posicións que outorgan o pasaporte olímpico. Na última xornada enfrontaranse ao Brasil e só unha derrota moi ampla deixaría a España fóra. 

O partido diante de Eslovenia era clave e comezou con dúbidas (3-6) pero a partires dunha boa defensa, da grande actuación de Pérez de Vargas na portería e do contragolpe lograron reconducir o camiño. Ao descanso a vantaxe era de sete goles (18-11) e no segundo tempo chegou a irse ata os dez goles. 

Rodrigo Corrales non foi titular pero garante a presenza nos seus segundos Xogos en que buscará repetir a medalla de Tokyo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade