Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Banco de España combate a fraude dos billetes falsos en Santiago con cursos formativos

O Banco de España combate a fraude dos billetes falsos en Santiago con cursos formativos

A formación sobre a prevención da fraude céntrase na hostalería e no comercio

G24.gal 27/03/2024 16:06

Dende hai un par de meses estanse a detectar en Santiago billetes falsos, principalmente de 50 e 20 euros. Repítese tanto que o Banco de España está dando cursos para que os hostaleiros saiban distinguilos.

A hostalería e o comercio son os lugares escollidos para intentar colar estes billetes falsos. A falta de máquina que os detecte temos que coñecer o máis básico para que non o recibamos. Temos que mirar o billete a contraluz, aparece un fío cunha banda escura, na que se lee euro e o importe do billete moi pequeniño. Teñen textura diferente, son máis lisos.

Nos auténticos pasamos Os dedos e notamos un relevo, que nos falsos non está. Os falsos teñen marcas de auga moi borrosas. Moitos empregan estes billetes  de 50 € en tomar algo de pouco custo para obter o cambio en moeda de curso legal.

O Banco de España quere combater a fraude cos euros falsos que están a circular por Santiago. Con este fin crea uns cursos formativos para ensinar aos profesionais e cidadáns a distinguir os billetes e como actuar se sospeitan da autenticidade do billete ou moeda. A hostalería é o sector onde hai máis mobilidade de billetes falsos. 

Algún xa notou en circulación billetes que non son de curso legal. A formación, que pode ser en liña ou presencial, é ben recibida tamén polo comercio. E toda esta formación xorde polos intentos de fraude rexistrados en Compostela, hai uns meses, pola obra dun coñecido delincuente que tentaba estafar nos locais de hostalería. Actualmente está en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade