Cargando resultados...
O Barakaldo pásalle por riba ao Ourense C. F. (1-3)
O Barakaldo pásalle por riba ao Ourense C. F. (1-3)
O equipo vasco gañaba no minuto 13 por 0-2 con dous goles de falta directa
G24.gal
29/09/2024 21:45
O Barakaldo foi moi superior ao Ourense Club de Fútbol (1-3) e déixao na última posición da Primeira RFEF. Aos trece minutos gañaba por 0-2 con dous goles en lanzamentos de falta. O primeiro, de Revilla, e o segundo marcado por Pablo Santiago.
O partido foi un ida e volta con constantes ocasións de gol e resolveuse xusto antes do descanso co gol de Maroan. Ao pouco de comezar o segundo tempo Dani Prada recortou diferenzas. Era abrir a porta da esperanza para os de Rubén Domínguez pero aí quedou a cousa. Calquera dos dous equipos puido marcar pero o marcador xa non se movería.