Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense agarda que o derbi da Copa sexa unha festa do fútbol galego

O Ourense agarda que o derbi da Copa sexa unha festa do fútbol galego

Agárdase un gran ambiente no Couto para recibir o Deportivo

O partido será televisado pola Televisión de Galicia este mércores ás 20:00 horas

G24.gal 02/12/2024 21:33

O Ourense Club de Fútbol, no mellor momento da temporada despois de sumar tres vitorias seguidas, agarda que o partido da Copa contra o Deportivo sexa unha gran festa do fútbol galego. O técnico ourensán Pablo López espera ser competitivo, aínda recoñecendo o favoritismo do equipo coruñés, e que por riba de todo se viva un ambiente festivo no campo do Couto. 

Para Pablo López, que xogou no Deportivo e foi adestrador asistente en Primeira División, será unha eliminatoria moi especial. Coñece á perfección o que vai ser o seu rival e destaca a calidade de tres xogadores: Lucas, Mella e Yeremay. Dos tres considera que teñen nivel de Primeira División. 

Aqueles que non consigan entrada para achegarse ao campo do Ourense sempre poderán estar atentos este mércores á pantalla da Televisión de Galicia (20:00 horas), por onde poderán ver en directo o partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos