Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo e o Celta Fortuna achéganse aos postos de fase de ascenso

O Lugo e o Celta Fortuna achéganse aos postos de fase de ascenso

Derrota do Arenteiro, que creba unha xeira de sete partidos sen caer

G24.gal 02/12/2024 21:24

Sete xornadas levaba o Arenteiro sen perder, ata que chegou ao Espiñedo o filial do Barça. Un erro de Javi Moreno precipitou a fin da xeira. Un golpeo maxistral de Barberà superou a un adiantado Diego García. O gol da xornada. Calidade pura da Masía, que ultimamente escaseaba. A partida caeu definitivamente do lado do bando visitante nunha contra que culminou Dani Rodríguez. O gol de Pascu no engadido, de cabeza, salvou a honra dos verdes, que malia a derrota seguen a pisar a zona de promoción.

A ela achégase firme o Lugo, malia que tivo que remontar un gol de Sergio Benito para o Real Unión. Non tardou Marcos Sánchez en igualar. E de aí en diante, todo foi costa abaixo. Antes do lecer, Cabo quedou a un centímetro de celebrar un gol olímpico. Pero a devolución do traveseiro tocou en Olaortúa e caeu na rede. Coa remonta na man, Erik Ruiz estivo máis listo que ninguén para meterlle a cabeza a un balón colgado e ofrecerlle á parroquia do Miño o partido máis plácido da tempada.

Escala tamén o Celta Fortuna á custa do Zamora. Oscar Marcos enganchou con estilo un saque de esquina botado por Tincho despois do descanso, e Emi Rodríguez aproveitou un grave erro do porteiro Sobrón para lle poñer o selo ao partido e situar a rapazada de Fredi a un só punto da promoción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos