O barco solidario do Nadal navega pola ría de Vigo en apoio a Aldeas Infantiles
O barco solidario do Nadal navega pola ría de Vigo en apoio a Aldeas Infantiles
Destina dous euros de cada billete a esta asociación de axuda á infancia
É un paseo nocturno con doces, chocolate con churros, música e xogos
Existe unha maneira de vivir o Nadal de Vigo lonxe do centro, do manto de luces led e das aglomeracións. Trátase do barco solidario do Nadal, un paseo pola Ría de Vigo que ofrece aos pasaxeiros unha experiencia distinta e única nestas festas.
Destina dous euros de cada billete á Aldeas Infantiles SOS de Galicia, unha asociación de axuda á infancia que ten como obxectivo integrar familiar e socialmente menores en situación de desamparo.
É un paseo nocturno pola ría de Vigo que pasa por debaixo da ponte de Rande. A bordo chocolate con churros, doces de Nadal, música e xogos. A perspectiva é única e diferente.
As luces de Nadal gózanse lonxe do alboroto do centro nunha experiencia dunha hora e media, nun traxecto deseñado para os máis pequenos da casa, que parte e regresa ao embarcadoiro da navieira Piratas de Nabia.
"É moi importante saber que se fai cos cartos. Pois é para poder levar a nenos con familias de acollida e polo tanto que pasen unhas festas nun ambiente cheo de amor, e seguro, e que os rapaces teñan un lugar e un reflexo digno para eles e para o resto do mundo", conta Matilde Álvarez, unha das Guía do Parque nacional da Navieira Piratas de Nabia.
A pasaxe, case todos de fóra de Galicia, vive a bordo, mentres navega a experiencia de coñecer a Papá Noel e os seus axudantes, habitualmente guías turísticos nas visitas a Ons e ás Cíes.
"É unha experiencia única. Poder gozar as luces desde a Ponte de Rande. Poder achegarse cara a Vigo e ver esa nora e todo iso. Xa ves que Vigo está cheo de xente. Algo ben estaremos facendo", relata Papá Noel en exclusiva para TVG.