O Barco sorprende o Somozas e métese na final galega
O Barco sorprende o Somozas e métese na final galega
Marcou cedo na primeira e na segunda metade e acabou gañando por 2-3
O Barco enfrontarase ao Ourense C. F. na final galega polo ascenso a 2RFEF. Sorprendeu o Somozas, terceiro clasificado na liga regular, por 2-3 logo de ir por diante case todo o partido.
O encontro comezou cun gol moi cedo de Óscar Martín cun lanzamento desde fóra da área. O Somozas respondeu rápido e no 21 Rubo cabeceaba un córner á rede. No segundo tempo repetiuse o guión co tanto de Óscar Martín no medio dunha morea de pernas. Pero nunha cesión defectuosa de Kiko o Barco aproveitou para aumentar a diferenza e poñer o 1-3 co tanto de Duque.
A eliminatoria parecía decidida coa expulsión de Manu Núñez no 71. Porén, o Somozas nunca se deu por vencido e recortou diferenzas a pouco do final co tanto de Asier. Non lle chegou ao equipo de Ferrolterra, que acaba aquí a súa temporada.