O barrio coruñés do Castrillón celebra o seu tradicional concurso de tortillas
O barrio coruñés do Castrillón celebra o seu tradicional concurso de tortillas
As 51 tortillas elaboradas para o concurso repartíronse nunha degustación popular
A tortilla é o prato estrela do barrio coruñés do Castrillón, e o seu concurso de tortillas medra ano tras ano. Desta volta o número de participantes superou o de edicións anteriores.
Un dos requisitos é que a tortilla estea acabada de facer. Aquí teñen que seguir a receita tradicional: ovo, pataca, aceite e sal; e se se desexa, tamén se lle pode engadir cebola. Decide quen cociña.
E comeza a cata do xurado. Son nove profesionais da restauración e a gastronomía da Coruña. Valoran tanto a presentación como o sabor ou a orixinalidade de cada unha das tortillas. Seleccionadas as dez finalistas toca deliberar. Finalmente danse a coñocer as tres mellores tortillas.
Coa degustación popular, na que se repartiron as 51 tortillas elaboradas para o concurso, púxose fin a esta xornada gastronómica.