O base dun rañaceos de Foster en Manhattan semella a dos edificos vela de Santiago
O base dun rañaceos de Foster en Manhattan semella a dos edificos vela de Santiago
No límite entre o rural e a cidade, o proxecto dos edificios vela de Santiago buscaba manter a porta de entrada a Santiago
No límite entre o rural e a cidade o proxecto dos edificios vela de Santiago buscaba manter a porta de entrada a Santiago.
César Coll é o arquitecto que os deseñou. Di que "tamén se quería que non se perdese a paisaxe por debaixo".
Había que construír 260 vivendas no barrio. 42 deseñáronse neses edificios bautizados como velas, cunha proposta que segue sorprendendo.
O arquitecto explica que "collemos elementos que normalmente son particulares da enxeñería e non da arquitectura e mesturamos arquitectura e enxeñería. E isto levounos a unha estrutura que é especial"
Era a primeira vez que César Coll usaba estes piares. Di que todo estaba medido e que non asumiron riscos. Pero cos pisos vendidos lembra como unha enxeñería de Madrid asegurou que os edificios ían caer. E houbo que reaccionar.
"Fíxose algo que se fai nas pontes, por exemplo, que é unha proba de carga con camións cheos de area. Aquí se encheu cada vivenda cuns 35 ou 40 centímetros de area e non caeu", conta Coll.
E aí está... unha solución semellante á que hoxe admira a Manhattan.