Cargando resultados...
O Baxi Ferrol cítase coa historia na ida dos cuartos de final da European Cup
Xoga en Sardeña diante do potente Sassari italiano o primeiro partido da antepenúltima rolda da competición europea (xoves, 20:30, na G2 e Agalega.gal)
G24.gal
19/02/2025 19:16
O Baxi Ferrol viaxa a Sardeña na procura dunha praza para as semifinais da European Cup. Este xoves disputa a ida dos cuartos fronte ao Dinamo Sassari. Sen apenas tempo para recuperarse do último compromiso da liga, en que tirou de épica para derrotar o Jairis murciano, o Baxi afronta o seguinte obstáculo europeo. As sensacións, máis alá do cansazo, son boas.
O Baxi, cun percorrido máis que meritorio na European Cup, soña con seguir protagonizando grandes momentos en Europa. Poderán seguir o partido na G2 e en Agalega.gal este xoves ás 20:30 horas.