Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BCE acelera a retirada de estímulos e abre a porta a subir os tipos de xuro

O BCE acelera a retirada de estímulos e abre a porta a subir os tipos de xuro

O organismo anunciou que deixará de comprar débeda como moi tarde a finais deste mes de marzo

O FMI rebaixará a súa previsión de crecemento global para 2022

G24.gal 11/03/2022 08:13

O Banco Central Europeo decidiu acelerar a retirada de estímulos á economía diante da evidencia de que a guerra en Ucraína traerá máis inflación á zona euro.

Despois de reunirse o seu consello directivo, o organismo anunciou que deixará de comprar débeda como moi tarde a finais deste mes de marzo.

O BCE non tocou os tipos de xuro, pero deixou a porta aberta a subilos nalgún momento despois de que remate de comprar débeda e a que esta suba será gradual.

O FMI rebaixará a súa previsión de crecemento global para 2022

A crise ucraína xa ten outra consecuencia económica, neste caso de ámbito mundial, ao anunciar o Fondo Monetario Internacional que en abril corrixirá á baixa as súa previsión de crecemento global para 2022.

A actual predición de crecemento mundial do FMI para este ano é do 4,4 %. Nun encontro virtual con xornalistas, a presidenta do organismo suxeriu tamén a posibilidade de que Rusia entre en bancarrota a causa das sancións económicas impostas pola maior parte da comunidade internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade