Cargando resultados...
O Bergantiños perde co Palencia (0-1) e complica o seu futuro
O Bergantiños perde co Palencia (0-1) e complica o seu futuro
Un gol solitario de Adri Castro manda os puntos para Palencia
Foto: @BerganFC
G24.gal
11/02/2023 20:08
O Bergantiños segue a complicar a súa situación na Segunda Federación. O equipo das Eiroas caeu na casa diante do Palencia Cristo Atlético, e queda a dez puntos do Raio Cantabria, conxunto que ocupa arestora o posto de play out.
O Bergantiños non conseguiu crear perigo diante da porta palentina, e abondou un único tanto visitante, o do galego Adri Castro no minuto 65 do encontro.
A derrota é a sexta consecutiva que apaña o cadro das Eiroas, que acumula dez xornadas sen gañar. Uns díxitos moi preocupantes de cara ao treito decisivo da temporada.