Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Bergantiños adiántase en Guijuelo, pero acaba perdendo (3-1)

O Bergantiños adiántase en Guijuelo, pero acaba perdendo (3-1)

A expulsión de Pablo Meixós co 0-1 resultou determinante

Foto: @clubdepguijuelo
G24.gal 10/12/2022 20:06

O Bergantiños perdeu na súa visita ao Guijuelo por tres goles a un. E iso que o conxunto de Xosé Luís Lemos logrou marcar primeiro. Iván Garrido, no minuto 54, facía o máis difícil no sempre complicado campo do Luis Ramos. Todo un golazo para abrir o marcador.

Pero pouco despois foi expulsado Pablo Meixús por un segundo cartón amarelo por perder tempo e todo se lle complicou ao Bergantiños. O Guijuelo, con superioridade numérica, reaccionou ben, demostrando por qué ocupa a segunda praza na táboa clasificatoria. Empatou no minuto 67 por medio de Isma Aizpiri. E desde ese intre o Bergantiños foi superado polos locais, que con dous goles de Montero, no 72 e no 81, colocaron no marcador o tres a un que deixa os de Carballo na zona baixa da clasificación.

O Guijuelo queda a un punto do líder, o Arenteiro, antes do partido dos galegos en Langreo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar