Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Bergantiños apaña unha nova derrota en Zamora (1-0)

O Bergantiños apaña unha nova derrota en Zamora (1-0)

Un autogol de Agulló despexou o camiño da vitoria zamorana na segunda parte

Foto: @ZCFoficial
G24.gal 16/04/2023 20:23

Non hai ledicia esta temporada no Bergantiños. Consumado o descenso matemático, o equipo de Xosé Durán tampouco puido liberarse da presión en Zamora, onde perdeu cun autogol de Agulló, no que significa a 14.ª derrota nas últimas 19 xornadas.

O equipo de Carballo cometeu numerosos erros na saída de balón, que o Zamora aproveitaba para recuperar balóns en campo rival e xerar moito perigo. Porén, a primeira metade acabou co empate a cero inicial.

Foi nunha das primeiras accións da segunda metade cando os de Yago Iglesias conseguiron abrir o encontro á saída dun córner, que Agulló desviou contra a súa propia portería. Intentou empatar o Bergantiños., e tamén buscaron o gol da tranquilidade os locais, pero o marcador xa non se movería.

O triunfo permítelle ao Zamora colocarse a so dous puntos na zona de promoción que arestora ocupa o Compostela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar