Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Bergantiños desperdicia un penalti e perde nas Eiroas (1-3)

O Bergantiños desperdicia un penalti e perde nas Eiroas (1-3)

Cinco das seis derrotas do equipo de Carballo chegaron na súa casa

Agulló puido empatar no 82' e na xogada seguinte sentenciou o Zamora

G24.gal 04/12/2022 14:04

O Bergantiños, como os bos pais, continúa perdendo na casa o que gaña fóra. Quinta derrota no seu recinto de As Eiroas. Desta volta foi o Zamora do galego Yago Iglesias o que sacou tallada cun triunfo por 1-3. 

Jesús Rueda e Agulló tiveron as mellores ocasións nun primeiro tempo no que ao fútbol se xogou pouco. O gol de Manu Viana na primeira xogada do segundo tempo cambiou o ritmo do partido. O Bergan viuse na obriga de arriscar, gozou de boas ocasións e acabou igualando cunha cabezada de Agulló. 

Nos últimos dez minutos o partido toleou. Pana adiantou o Zamora no 79, Agulló fallou un penalti no 82 para empatar e Ibán Ribeiro sentenciou no 84. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar