Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Bergantiños elimina o Tudelano e acada unha histórica clasificación

O Bergantiños elimina o Tudelano e acada unha histórica clasificación

Marcaron Uxío (minuto 32) e Yelco na última xogada do partido

O equipo de Carballo foi quen de derrotar a un equipo de categoría superior

G24.gal 01/12/2021 20:22

O Bergantiños está na seguinte eliminatoria da Copa do Rei logo de derrotar o Tudelano, pechacancelas do Grupo I da Primeira Federación por 2-0. 

Os goles de Uxío, no minuto 32, e de Yelco, na última xogada do encontro, decidiron para un equipo que puxo moito máis que o seu rival para pasar a eliminatoria. As mellores ocasións foron para os de Carballo que só sufriron un pouco no treito final do encontro. 

Despois de moitos anos (desde 1987) o Bergantiños consegue superar unha eliminatoria copeira. Daquela conseguira pasar dúas e conseguira enfrontarse ao Raio Vallecano. Agora entrará no sorteo desexando ter a mesma sorte que a temporada anterior, cando foi emparellado co Sevilla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade