Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG aproba a candidatura ás europeas, que volve encabezar Ana Miranda

O BNG aproba a candidatura ás europeas, que volve encabezar Ana Miranda

A formación concorre outra vez aos comicios do vindeiro 9 de xuño dentro da coalición instrumental con EH Bildu e ERC

G24.gal 27/04/2024 14:29 Última actualización 27/04/2024 14:57

O Consello Nacional do BNG, máximo órgano entre asembleas, aprobou este sábado a candidatura encabezada pola eurodeputada Ana Miranda e o programa electoral dos comicios europeos. De novo, concorre aos comicios do 9 de xuño dentro da coalición instrumental con EH Bildu e ERC.

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, puxo en valor o traballo realizado por Ana Miranda en Bruxelas e defendeu a necesidade de que o BNG acade un escano para que, segundo dixo, Galicia "conte cunha voz propia en Europa" que defenda "os intereses dos sectores produtivos galegos".

"O escano do BNG foi o escano do pobo galego e así seguirá sendo con máis forza a partir do próximo 9 de xuño, ese é o noso obxectivo porque Galicia ten que ter unha voz propia en Europa para facerse escoitar, para negociar, para defender os intereses dos nosos sectores produtivos, da xente do mar e do rural para defender o noso medio ambiente e o noso territorio", destacou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade