Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG vai propor no Parlamento a creación da Valedora da Igualdade

O BNG vai propor no Parlamento a creación da Valedora da Igualdade

A formación nacionalista avoga por unha axenda feminista galega impulsada por plans de igualdade municipais

G24.gal 05/03/2023 14:36 Última actualización 05/03/2023 17:58

O BNG celebrou este domingo en Compostela un encontro nacional de máis dun cento de mulleres da formación nacionalista previo á celebración do 8-M.

Nese encontro, a voceira nacional da formación reivindicou a achega política do Bloque Nacionalista Galego á loita feminista. Insistiu na necesidade de iniciar unha axenda feminista galega impulsada por plans de igualdade no ámbito municipal con políticas públicas.

Ana Pontón avogou por dar un pulo lexislativo pola igualdade con leis que cualificou de "vangardistas", entre elas, unha lei para introducir cláusulas sociais e de igualdade no conxunto de contratos públicos de todas as administracións e a creación da figura da Valedora da Igualdade.

"Conseguir a igualdade non é unha opción. É unha obriga democrática e moral, porque unha sociedade na que as mulleres están discriminadas, sofren violencias ou non teñen os mesmos dereitos, non é unha sociedade democrática. Desde o BNG imos seguir traballando pola Galiza que queremos, que pasa si ou si por unha Galiza de mulleres libres e iguais", dixo Ana Pontón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade