Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG presenta máis de 700 alegacións á implantación de Altri en Palas

O BNG presenta máis de 700 alegacións á implantación de Altri en Palas

Os nacionalistas afirman que o proxeto condicionará a política forestal galega e sinalan a ausencia dun plan de industrialización asociado

Fábrica de Altri en Vila Velha de Rodão (Portugal). Fábrica de Altri en Vila Velha de Rodão (Portugal).
G24.gal 17/04/2024 11:57

O BNG presentou ante a Xunta de Galicia as máis de 700 alegacións que recolleu nas últimas xornadas en distintos postos informativos que colocou o partido e a súa organización xuvenil Galiza Nova, en colaboración co colectivo estudantil Erguer, na comarca de Lugo.

A deputada autonómica do BNG Montserrat Valcárcel, que estivo acompañada polo portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, e cargos orgánicos e institucionais do partido nesta provincia, afirmou que "o proxecto que Altri pretende executar en Palas de Rei será unha bomba ambiental que prexudicará a toda Galicia, especialmente nunha comarca que destaca polo seu desenvolvemento agrario".

Os nacionalistas afirman que o proxecto condicionará a política forestal galega e sinalan a ausencia dun plan de industrialización asociado

"O proxecto de Altri en Palas de Rei condicionará de maneira decisiva a política forestal, incrementando a plantación de eucaliptos, o que afectará os equilibrios, a biodiversidade e as cadeas de valor da industria forestal galega", explicou a deputada do BNG.

De feito, afirmou que a afección “deste proxecto vai máis aló dos concellos da contorna, do río Ulla e da ría de Arousa, porque é un proxecto que atenta contra os intereses xerais de Galicia".

Montserrat Valcárcel resaltou que "non se coñece que asociado a este proxecto se contemple ningún plan de industrialización" que "promova o peche dos ciclos produtivos en Galicia e aumente o valor engadido en sectores básicos da nosa economía".

O BNG considera o proxecto de Altri como "unha industria de enclave", unha "pasteira de grandes dimensións que vai levar a outros países a transformación da materia prima e que pon en perigo importantes sectores produtivos de Galicia".

As alegacións presentadas reclámanlle á Xunta que non conceda a autorización ambiental integrada, que rexeite o estudo de impacto ambiental, que non declare de utilidade pública a planta e o rexeitamento, en xeral, do proxecto promovido por Altri en Palas de Rei. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade