Cargando resultados...
O BNG vai solicitar unha comisión de investigación sobre as concesións eólicas
O BNG vai solicitar unha comisión de investigación sobre as concesións eólicas
Ana Pontón acusa a Xunta de opacidade e de favorecer o espolio eólico
Pontón acusa o presidente da Xunta de poñerlle unha alfombra vermella ás eléctricas
G24.gal
01/02/2023 12:51
O BNG vai solicitar unha comisión de investigación no Parlamento sobre as concesións eólicas. Os nacionalistas aseguran que levan tempo reclamando información á Xunta e que non lles responden.
A voceira nacional do Bloque, Ana Pontón acusa ao goberno galego de opacidade, de ocultar información e ao presidente Rueda de favorecer ás empresas eléctricas por riba dos intereses dos galegos favorecendo "o espolio eólico".
Pontón puxo como exemplo o caso da empresa eólica Greenalia, a quen supostamente a Xunta perdoou 11,7 millóns de euros.