Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Boiro Voleibol quere facer historia na Copa

O Boiro Voleibol quere facer historia na Copa

O Boiro certificou tamén a súa presenza no play off polo título de liga

Foto @BoiroVoleibol
G24.gal 25/02/2022 12:18

Semana grande para o Boiro, que a días de disputar a Copa en Gran Canaria certificou a súa presenza no play off polo título de liga por primeira vez na súa historia. Todo, cinco xornadas antes de que remate a competición. Entraba dentro do esperado?

Marcelo Benavidez., adestrador do Rotogal Boiro: "Arrancamos para xogar play off, tivemos sorte de conseguilo cinco xornadas antes. Iso é un alivio porque xogaremos con menos presión. Igualmente queremos estar máis arriba"

Primeiro play off, con moito aínda por determinar, e segunda Copa. Este venres arrancan os cuartos. O ano pasado caeron xa na primeira fase co anfitrión, o Guaguas. Nesta edición mediranse co Almería, líder indiscutible da liga.

Mario Iglesias Caamaño, xogador do Rotogal Boiro "Almería o mellor da primeira volta. Eles favoritos, nós nada que perder. Imos dalo todo."

Favoritismos aparte, a sensación é que esta será unha copa igualada. E que polo tanto pode pasar calquera cousa.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos