Boiro e Emevé comezan a Superliga de voleibol co reto da permanencia
Boiro e Emevé comezan a Superliga de voleibol co reto da permanencia
Dous equpos galegos compiten na elite nunha liga curta, de só doce equipos
Esta fin de semana comeza a Superliga de voleibol, con dous equipos galegos entre os doce que compiten na máxima categoría masculina, o Rotogal de Boiro e o Arenal Emevé de Lugo.
Os lugueses arrincan fóra da casa, na pista do Santander, un rival pola permanencia. Conservar a categoría é o obxectivo do Emevé, que quedou oitavo a pasada temporada. Este ano ten novo adestrador, José Valle, que dirixiu o equipo feminino nas once últimas campañas.
O Rotogal de Boiro tamén debuta o sábado pero na casa. Recibe na Cachada nada menos que o actual campión, o Almería. Despois de dúas grandes temporadas na elite e tras un ano complicado no económico teñen un proxecto menos ambicioso co obxectivo da permanencia. Empezarán a liga sen tres reforzos estranxeiros, pendentes aínda dos trámites burocráticos.