Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arde por segunda vez en dous meses unha casa abandonada en Boiro

Arde por segunda vez en dous meses unha casa abandonada en Boiro

A vivenda xa ardera en setembro, e este segundo incendio acabou por arrasar o interior e provocou danos no tellado

Meses atrás albergou varias persoas, pero os veciños din que hai tempo que non ven entrar nin saír xente

O inmoble está na zona de Ponte Goiáns
G24.gal 05/11/2024 14:20

O lume que arrasou unha vivenda abandonada en Boiro iniciouse de noite. As lapas e o fume causaron alarma entre os veciños.  Un particular deu aviso a emerxencias, e o 112 mobilizou a Garda Civil, Protección Civil e bombeiros de Boiro.

O lume iniciárase nun dos cuartos do inmoble e, malia que a laparada era intensa, levou pouco extinguilo. "Primeiro comprobamos que non había persoas na vivenda", explica Francisco Manuel Sampedro, sarxento do parque de Bombeiros de Boiro. E despois apagaron o lume, "nunha habitación na que había sofás, colchóns e diversas pertenzas", relata. 

Había pertenzas, pero ninguén na vivenda. Contan as veciñas que ata hai uns meses albergábase aquí un home, pero agora está en prisión. Din que era "bo rapaz" e "non daba problemas", e que -ao marchar el- quedaron outros na casa. "Mozos coa vida arruinada -di unha veciña- pero ultimamente xa non se ven".

E é que a casa xa ardera en setembro, con danos considerables. Este último incendio acabou de arrasar o interior e calcinou o tellado. "Un curtocircuíto ou algo así tivo que ser" pensa unha veciña, "porque agora xente aí non se ve", engade. 

O 112 recolleu no expediente a posibilidade de que fose un incendio intencionado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade