Publicador de contidos
Publicador de contidos

Brasil baila a Corea e reforza a súa condición de favorita

Brasil baila a Corea e reforza a súa condición de favorita

Sentenciou o partido nun primeiro tempo primoroso que rematou con 4-0

G24.gal 05/12/2022 21:15 Última actualización 05/12/2022 21:43

Francia, Inglaterra... Este Mundial ten moitas candidatas, pero unha sempre emerxe por riba de todas: Brasil. Os pentacampións van con forza á procura do sexto trofeo e comezaron as roldas eliminatorias dun xeito asoballador. 

O primeiro tempo diante de Corea do Sur é a mostra palpable da fantasía que posúe a selección brasileira. Volveu Neymar e ao seu redor brillaron Paquetá, Vinicius ou Richarlison. O xogador do Real Madrid foi o encargado de abrir o camiño da vitoria. 

Despois chegou o penalti transformado por Neymar, a xogada de debuxos animados que acabou co gol de Richarlison e o cuarto tanto de Lucas Paquetá. Todo nos mellores 45 minutos dunha selección neste torneo. 

No segundo tempo o equipo de Tite non quixo afondar na ferida dunha Corea que buscou, cando menos, o gol da honra. Acadouno no minuto 76 cun lanzamento desde fóra da área de Paik Seung Ho. Sobrou a segunda metade porque na retina dos seareiros quedará durante moito tempo a lección de fútbol que deu Brasil na primeira parte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos